Chegamos a illa e baixamos do barco pensando no curta que fora a viaxe. Ante nós, aparecía aquel paraíso por descubrir. O guía acercouse a nós recordándonos as normas do lugar: non tirar papéis ao chan, non arrancar ningunha folla nin planta e non molestar aos animais que viven na illa. E así o fixemos. Penso que o resto dos meus compañeiros, ao igual ca min sorprendéronse ante as augas azúis do lugar, a area fina das longas praias, os “chiringos” enxebres, á música que alí escoitábamos, o olor daquela natureza afastado do da cidade, o ar puro e, sen ningunha dúbida, as impresionantes vistas que dende alí hai do noso território galego.
Entre risas, historias e anéctotas xantamos nun dos restaurantes da illa, onde fomos moi ben atendidos polos 8 habitantes daquel lugar. Alí a xente é polifacética, o mesmo fan rutas turísticas, que transportan a equipaxe da xente que decide acampar alí ,que serven unha mesa para cincuenta comensais. E iso sí, todos, todos son encantadores.
Tras preocuparnos polos problemas cos que contan os habitantes de Ons, decidimos facer unha visita ao faro e… que lonxe estaba! Camiñábamos e camiñábamos até chegar ao punto máis alto da illa. Mais penso que mereceu a pena. E alí, sen dúbida, vixiádos dende lonxe polas famosas illas Cíes é onde nos decatamos que verdadeiramente vivimos nun País das Marabillas.
Tras unha nova viaxe no barco, despedimonos de toda a tripulación, prometendo volver noutra ocasión. O regreso á Coruña foi sen dúbida peculiar porque, que é unha excursión sen unha avaría do autobús? Alí estivemos tirados nunha gasoliñeira durante un bo rato, mentres estre risa e risa liamos unha revista e comentábamos as nosas impresións. E o fin da viaxe… cantando coma sempre, lembrando a nosa infancia de excursións estudiantis e desexando repetir moi pronto un novo día así con todos vós nun lugar tan bonito.
que fotos máis bonitas! entraronme ganas de ir a ali!!
ResponderEliminara ver se me levas un dia, jeje.
bikos
Que gracia contando hoy al mediodía todo lo que nos había pasado. A mi me encantó! Cuando repetimos?
ResponderEliminarPronto querida Ana, muuuy pronto!;)
ResponderEliminarOpino o mesmo que Lorena, dan ganas de ir só ao ver as fotos tan bonitaas!!
ResponderEliminar