sábado, 3 de julio de 2010

Marabillosamente perfecta


Licenciada. Si, parece que dá medo, mais soa ben, moi ben. Canto tempo esperando este momento! Foron catro longos anos nos que houbo risas, medos, enfados, festas, exames, cafés, mais exames... Mais repetiría hoxe mesmo porque o certo é que aínda que leve tempo desexándoo, o botarei moito de menos. E non só esa sensación de ir todos os días á Universidade senón que botarei de menos a todos os meus compañeiros e a todos os meus profesores porque pese a ser deles dos que moitas veces dependemos, sei que son para todos nós un grande apoio e máis nunca carreira como é filoloxía.


O acto de graduación foi marabilloso, grazas a todos os que me acompañástedes nese día. No momento do discurso a sensación era tan horíbel como incríbel pois pese aos nervos do momento anterior e ao temor de que non saíse como esperabamos, penso que foi estupendo e que non só gustou, senón que saiu até ben. Foi moi bonito recordar todos eses momentos vividos reodeados de amigos, familiares e profesores. GRAZAS a todos.


E agora toca pensar con que continuar, porque sempre que cerramos unha etapa debemos abrir outra nova. Xa vos contarei da miña nova aventura que pronto, moi,moi pronto comezará...

3 comentarios:

  1. Aaii, a min tamén me dá peniña no fondo deixar xa a facultade! Contigo espero seguir indo a clase o ano que vén, mais vou botar de menos aos compañeiros, os profesores, a nosa facultade... Que non hai nin punto de comparación coas demais! Imaxínate o mal que nos imos sentir andando por aí por maxisterio e ver tantísima xente e non coñecer a ninguén... non me gusta! Jajaja

    Leti!!! Leti!! Somos licenciadas!!! :-D Eu aínda non o crteo jajaja ^^

    Bicooos!

    ResponderEliminar
  2. hahaha, seino, seino! A verdade é que si, non vai ser o memso, mais polo menos poderemos relacionarnos co resto da humanidade!! hahaha
    Bicos Ana!

    ResponderEliminar
  3. Ben sabes que eu non teño moito interese en relacionarme con esa humanidade...hahaha...
    Mais haberá que facelo...non queda outra opción! xD

    ResponderEliminar