miércoles, 6 de abril de 2011

A cidade das Burgas...

O calor descubría un día precioso na cidade de Ourense. Sempre souben que era unha cidade fermosa e cada visita a ese lugar fai que descubra algo novo. Xa había anos que non estaba alí, case non recordaba as súas rúas cheas de xente amable sempre disposta a contestar cun gran sorriso cando lles preguntas por algún lugar, as súas bonitas fontes traídas do antigo mosteiro de Oseira, aquela gran Catedral na que o frío do interior contrasta coas altas temperaturas da cidade, o roteiro da Esmorga que Blanco Amor nos regalou e as famosas Burgas derramando esa auga que ferve nun día de moito calor no que o desexo de achegarnos ás Termas medra a cada instante. Espero volver moi pronto a tan belo lugar...


2 comentarios:

  1. Puis xa sabes, vesme facer unha visitilla a miña casa e acercamonos ali nun momentin, jejeje. se non planeamolo e volvemos en canto queiramos,,,

    ResponderEliminar
  2. Ourense... é bonito como toda Galicia. Pero recoméndoche sobre todo: Viveiro. Unha vila mariñeira moi fermosa. Cando queiras, podes adicarlle un post. Un bico

    ResponderEliminar