jueves, 28 de abril de 2011

Entre camelias...






Foi como un soño. Sentada no medio dun fermoso xardín rodeada de camelias brancas, as miñas preferidas. O sol brillando como nun dos días de pleno verán nos que todo se ve diferente. Os paxaros rodeándonos mentres os pétalos caen do ceo como se dun día de chuvia se tratase. E, de pronto, ese olor. Ese olor á flor da camelia que regala a tranquilidade que necesitamos. E todo como inicio do que estaba por chegar. Bonaval esperaba por nós que pronto nos descubriría tumbados nunha grande sombra, desas que fai que os días sexan especiais. Desas que por un instante nos lembran momentos pasados, desas que durante uns minutos nos fan soñar con instantes futuros. E de pronto esa árbore de follas marróns nos sorprende e ao sentarnos sobre a herba fina e coidada descubrimos ao lonxe a cidade de Compostela. Grazas por tan belos momentos, grazas por tantas segredas confesións e grazas por mostrarme unha das miñas cidades favoritas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario