martes, 7 de junio de 2011

Feliz


Todos nós pasamos a nosa vida buscando continuamente momentos de felicidade. Fai uns días eu vivín un deses momentos. Momento que me fixo sorrir, dar brincos de ledicia, soñar, e querer. Sentinche feliz e emocionada e sentinme feliz e emocionada. Ese momento no que les unha mensaxe tan bonita, no que sentes que o que fas merece a pena, no que queres querer como nunca antes e que te queiran como a primeira vez, ese momento... non o cambio por nada.

3 comentarios:

  1. alegrome de que estes tan contenta e feliz!!!

    ResponderEliminar
  2. Alégrome pois mereces esa felicidade que, ás veces xoga a esconderse, mais logo sae co sol.
    Xa me contarás... Quedo coa intriga.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Grazas polas túas visitas. Vexo que por aquí non hai entradas novas. Anímate, sempre gusta ler cousas tan bonitas e postas con tanto detalle.
    Un bico moi forte.

    ResponderEliminar