jueves, 27 de octubre de 2011

23...


SEMPRE ME GUSTOU CUMPRIR ANOS. Eu non me sinto vella cada vez que un ano máis aparece na miña vida. Non sinto nada diferente na miña pel nin que o meu cabelo se torne branco. Tampouco sinto que a vida se me esgote nin penso en si me quedan moitos ou poucos anos por vivir. Cada vez que cumpro un novo ano, penso en todo o que pasou nese ano, en todo o novo que aprendín, na xente que coñecín, nos bos momentos e, tamén, nos non tan bos e os engado a miña vida coma se de pequenos tesouros se tratase. Tesouros novos e vellos. Tesouros que quedarán para sempre.

Cada ano que pasa é un ano de vida, de experiencia, de sabedoría. Cada ano que pasa é un novo reto, unha nova aventura que hai que afrontar con ledicia e ilusión. Cada ano que pasa é un instante de felicidade.

HOXE UN ANO MÁIS APARECE NA MIÑA VIDA, HOXE DÍGOLLES:

BENVIDOS, 23!!

2 comentarios:

  1. Un ano máis si, cheo de esperanzas e cheo de ilusión; pero ti, coma min, xa pasaches esos adorados 22. Número que nunca máis se repetirá... número que quedará nas nosas memorias de "adultas" gardado para sempre. Ano no que pasamos, si é que o fixemos nalgún momento, de "nena" a "muller". Un bico e MOITÍSIMAS FELICIDADES!!

    ResponderEliminar
  2. ¡MOITISIMAS FELICIDADES!
    Sintoo porque a miña felicitación este ano foi curta... pero, esta noite o celebraremos como debe ser.

    ResponderEliminar