domingo, 16 de octubre de 2011

Chuvia


Sempre me gustou que as cousas acontezan cando corresponde: que as vacacións sexan no verán, que durante o curso toque traballar, que os sábados sexan días de festa, que os domingos se reúna a familia, que chova no inverno e que faga bo tempo durante o verán. O pasado xoves fun ao cine, esta vez tocou Larry Crowne e alí estiven durante hora e media con Julia Roberts e con Tom Hanks. Durante a película houbo unha escena na que Julia está dentro do seu coche e chove, e chove, e chove, e as pingadas estoupan fortemente sobre os cristais do coche mentres ela mira con tristeza. Foi nese preciso instante cando a nostalxia dunha chuvia incesante apareceu sobre min. Estamos a mediados de outubro e non entendo que non se mollen as rúas dende hai semanas, que as follas caídas das árbores compartan espazo co sol abrasante do día, que en lugar de botas continuemos coas sandalias, que a roupa de verán siga nos nosos armarios e nós desfrutemos dela máis que nos meses de xullo ou agosto. Non entendo que é o que está a pasar, non é o que corresponde e repito que a min sempre me gustou que as cousas acontezan cando corresponde. Xa non é tempo de verán, xa estamos en outono, xa quero poñer abrigos e botas de cores castaños e ocres, xa quero estrear o meu novo paraugas e xa teño ganas de que unha bonita bufanda abrace o meu pescozo. Canto teño que esperar?

4 comentarios:

  1. O outono chegará, non teñas prisa. Disfruta do momento que vivimos porque poder disfrutar ainda ahora dunha terraza e dun bo café, non ten prezo.

    Eu tamén son das que desexo que chova e chova sen parar; e se ademais, podo estar na cama escoitando como diluvia... moitísimo máis.

    A ver o que acontece esta semana....

    ResponderEliminar
  2. Xustamente esta tarde falei diso. Estabamos nun parque eran preto das 8 da tarde e ainda que refrescaba, cunha chaqueta era suficiente. Eu dicía que tiña ganas de que chovera, e todos miraban para min con cara rara. A verdade é que ver que o chan estaba cheo de follas e eu tiña por riba unha chaqueta e nos pés uns tenis, facíaseme mooooi raro. Co ven que se está cunhas botas e cunha bufanda!

    P.D: Cando chova botaremos de menos este tempo, pero... preciso que chova!

    ResponderEliminar
  3. Non vos preocupedes, sempre podedes vir a facerme unha visita, moita choiva tampouco temos, aínda que máis que alí si, pero podedes estar con botas e mais bufanda sen problema, é máis, non vos desexo estar sen ela!!

    Vémonos nas terras nórdicas!! :)

    ResponderEliminar
  4. Xa chove! Por fin... que marabilloso é sentir de novo esta sensación. Eu nas botas prefiro non pensar, pero polo demais: ENCANTADA!

    ResponderEliminar