martes, 15 de noviembre de 2011

No tren...


Pensei que estarías alí, que decidirías deixar de facer iso tan importante que estabas facendo para verme tan só uns minutos. O día non estaba a ser o mellor da miña vida, supoño que é o que ten cumprir un ano máis. O frío entraba por todos os recunchos daquela pequena estación, e a xente, nesa tarde de inverno, decidiu non para de falar e falar. Alí estaba eu, desexando un chocolate fervendo que quentase cada parte do meu corpo como ese abrazo teu que non chegaba. Ao fondo xa se ve a luz do tren. A xente prepárase correndo para coller os mellores sitios como se o tren se fose a olvidar de parar. No fondo, miro unha vez máis para ese lugar por onde deberías aparecer, mais que non apareces. Decidiches non sorprenderme con esa visita que ti pensabas que eu non esperaba mais que levaba todo o día agardando. Xa case todo o mundo subiu, agora xa me toca. Collo aire e me dispoño a subir ao tren. Alí, a xente xa está rematando de colocar a súa equipaxe para sentarse nos seus asentos. Encontro un asento libre, cousa que me sorprende, e decido sentarme. Collo o libro que me acompañará durante algo máis de media hora e o tren xa cerra a súas portas. Como cada vez que o tren sae da estación, miro pola fiestra para intentar descubrir entre tanta escuridade unha cidade esquecida. Entón, apareces, correndo polo anden, e sabendo que non o conseguirás. Sorrío, mírasme e pouco a pouco desapareces nesa tarde en que a miña vida suma un ano máis...

lunes, 7 de noviembre de 2011

De fadas e princesas...


Sempre pensei que as fadas e as princesas tiñan que existir. Elas son as que nos axudan a vivir nun mundo cheo de soños.
Hoxe, alégrome de encontrarte de novo...