domingo, 8 de mayo de 2011

Ameite tanto...



Ameite tanto esta tarde,


cando non estabas,


e estaba o ceu como un


atlas de ausencia,


esvarando nas horas.



Que estraño e todo isto,


este amor que se agolpa


e verte a sua furia por acima de un,


sen piedade, sen piedade.



Esta tarde ameite como invasión de escumas.


Non sei que estrañas aves aniñaron en min


para que así te ame, non sei por que camiños


navegou o meu sangue para chegar a tí.



Non sei se faro ou torre ou terra prometida


foron marcando o norte dos meus sucos


so sei que aqui me tés, a tí ofrecido,


sen culpa deste amor que caeu sobre min.



Non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza


puido facerme tanto dano



.Non sei porque estes días en que te amo tanto


e tan fundo e tan duro e tan tristeiro


días en que quixera aniquilarte


de tanto amor como me tinxe o corpo


e me lastima os dentes.



Esta tarde ameite como nunca antes.



Pilar Pallarés





No hay comentarios:

Publicar un comentario