martes, 6 de septiembre de 2011

Soñando...


Os soños forman parte da nosa vida e constitúen nela algo esencial. Xa no seu propio nome os SOÑOS teñen algo especial, pois, é igual que o leamos de esquerda a dereita que de dereita a esquerda, a maxia está presente neles. Todo o mundo ten algún soño na súa vida que dun xeito ou doutro desexa cumprir: chegar a ser actriz, ir á lúa, coñecer a un famoso cantante, triunfar no mundo da moda... Hoxe, día 6 de setembro, cúmprense catro anos dende que eu cumprín un dos meus, un deses que tes dende que eres nena, un deses no que levas tempo pensando, polo que levas tempo loitando e que, de pronto e sen contar, un día te sorprende coma se nunca antes o imaxinases. Agora, queda o recordo dese día, dese 6 de setembro de 2007, desa tarde fronte a Marola, desa merenda no xardín, desas doces palabras e das agarimosas mostras de cariño que recibín. Queda, tamén, o sorriso que se debuxa na miña cara cando recordo ese instante, a ilusión con que conto sen cansarme esa historia unha e mil veces e a forza coa que o meu corazón garda tan fermoso momento. Con cousas así, por que non soñar?

2 comentarios:

  1. Non sei que fariamos sen soños, non me fixara que se lía igual dun lado que do outro. Os soños son os que nos dan forzas para seguir adiante. Porque conseguir cumprir un soño é o mellor que pode haber.
    Encántanme estes aires novos. Encántame que estes otra vez de novo por aquí. Prometo deixar comentarios. E prometo que cando a inspiración quera visitarme, eu tamén actualizarei o meu blog.

    P.D. Debes estar contenta, comentei e por riba fíxeno en galego (non te fixes moito nas faltas :-)
    P.D2: Non sei porque non me deixa publicar coa miña conta :-(

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Ana por formar parte, de novo, desta ilusión. Cando comecei a ler non estaba segura de que foses ti, en galego! jajaja Moi ben! Estou máis que encantada.
    Grazas por estar sempre escoitando os meus soños teiumos e caprichosos. Non deixes nunca de soñar, que eu sei que sabes facelo moi ben!
    Un bico moi grande!

    ResponderEliminar