miércoles, 4 de agosto de 2010

Diante dun bo café...


Incríbel sensación. A verdade nunca pensei que tras tantos anos continuaríamos véndonos. Síntome especial cando pese a ter sempre tantas cousas que facer, tanta xente á que ver, e tan pouco tempo para estar aquí continuas a gardarme un anaquiño para min. Ás veces sínto que teño que falar moi, moi rápido para poder resumir en pouco máis dunha hora a cantidade de cousas que me pasan en meses. Encántanme sempre as túas preguntas curiosas, o teu interese, o teu soriso mentres me falas mais sobre todo encántame que me contes cousas: novas experiencias, sensacións, sentimentos e, sen dúbida, para min, os teus consellos sempre son e serán os mellores.

Que rico sabe o café cando o tomo contigo! Supoño que porque adoro as túas palabras, sempre tan doces e cheas de sinceridade e de agarimo.

Agora as dúas cambiamos un pouco de vida, ti un pouco máis ca min, mais seguro que che vai todo moi, moi ben. Deséxote toda a felicidade do mundo de corazón porque o mereces de verdade.

E agora só me queda pedir un desexo: volver a veros moi, moi cedo!


Un bico moi, moi forte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario